Un motorista resulta ferido en Vigo logo de chocar

Na Coruña tivo lugar un suceso similar no que outro condutor resultou lesionado

En Vigo un motorista resultou ferido logo de verse implicado nunha colisión cun turismo. Ocorreu na rúa República da Arxentina.

Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 17.40 horas desta tarde. Acto seguido, desde a central de urxencias informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Vigo, a Protección Civil e á Policía Local.

A CORUÑA. Unha persoa resultou ferida esta tarde na Coruña despois de que a moto na que circulaba batese contra un turismo. O sinistro tivo lugar na rúa Ramón e Cajal.

Segundo indicou o 112, a vítima estaba grave.  O persoal do Centro de Atención ás Urxencias do 112 Galicia alertou do ocorrido as Urxencias Médicas e aos Bombeiros da Coruña. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

Comentarios