Un pescador morre afogado en Vila de Cruces

O corpo foi achado nunha zona de difícil acceso por terra

Un pescador morreu afogado este sábado en Vila de Cruces, nun río próximo ao encoro de Portodemouros. 

O seu corpo foi localizado a última hora da tarde do sábado por un amigo que, segundo explicou aos servizos de urxencias, encargábase de levalo ata o lugar e de ir recollelo. Cando chegou ao puento do suceso, ao redor das 18.00 horas, atopou o corpo flotando na auga.

O cadáver do home, que adoitaba pescar nese río, atopábase nunha zona de difícil acceso por terra, segundo informou o 112 Galicia. A central de urxencias tivo coñecemento da situación ás 19.30 horas a través dun aviso da Garda Civil. Deu alerta ao 061, aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín e a Protección Civil.

Comentarios