Unha condutora cae co seu coche desde a ponte do Lagares, en Samil

A muller presentaba varios golpes e síntomas de hipotermia, aínda que a priori o seu estado non revestía gravidade
Operarios intentan sacar el coche que cayó al río Lagares
photo_camera Operarios intentan sacar el coche que cayó al río Lagares

Unha condutora resultou practicamente ilesa tras precipitarse esta tarde á auga co seu coche desde a ponte do río Lagares nunha zona de Samil, en Vigo, informaron a Efe fontes da Policía Local e os Bombeiros.


A muller, que saiu polos seus propios medios da agua, presentaba algúns golpes e síntomas de hipotermia, pero a priori o seu estado non revestía gravidade, precisaron fontes do servizo de Emerxencias. De feito, non foi necesario o seu traslado a un centro médico.


Varias persoas alertaron cara ás 17:00 horas ao centro de Urxencias de Galicia da caída do vehículo e informaron de que que podería haber dous ocupantes.

Nos labores de rescate participaron os servizos de Bombeiros de Vigo, que tratan de recuperar o coche, así como Urxencias Médicas, Protección Civil de Vigo e Policía Nacional.

Comentarios