Unha ferida na colisión de catro coches en Vedra

O sinistro tivo lugar na N-525, á altura de San Pedro de Vilanova, ao redor das 17.30 horas do martes

Unha muller resultou ferida esta tarde de martes, ao redor das 17.30 horas, a consecuencia dunha colisión múltiple rexistrada no concello coruñés de Vedra.

O sinistro, no que se viron implicados nada menos que catro vehículos, tivo lugar na N-525, á altura de San Pedro de Vilanova.

Foi un particular o que deu o aviso ao 112 que, pola súa banda, alertou os equipos de urxencias desprazados ao lugar, tanto sanitarias como Protección Civil e GES das localidades próximas, que tras o ocorrido realizaron as pertinentes labores de mantemento e limpeza da vía.

Aínda que nun primeiro momento non parecía que se rexistraron feridos, unha implicada no accidente terminou por precisar atención médica.  

Comentarios