Unha persoa ferida tras ser atropelada no peirao de Vilagarcía de Arousa

En Ponteareas a colisión entre un coche e un camión causou danos nun dos implicados no accidente

Unha persoa resultou ferida tras ser atropelada cando cruzaba por un paso de peóns no peirao comercial de Vilagarcía de Arousa. A Autoridade Portuaria puxo en coñecemento a situación ás 16.40 horas desta tarde e do suceso alertouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Urxencias.

PONTEAREAS. Unha persoa resultou ferida nunha colisión entre un camión que transportaba queixos e un coche, no quilómetro 292 da A-52 ao seu paso pola localidade pontevedresa de Ponteareas. 

Foi un particular o que alertou dos feitos sobre as 17.00 horas desta tarde, indicando que os vehículos sinistrados non interrompían a circulación, aínda que sobre a calzada quedaran restos do choque. O accidente foi posto en coñecemento de Urxencias Médicas, os Bombeiros de Ponteareas, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico. 

Comentarios