jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Pontevedra na rede

DSC_0661
DSC_0661
Instagram recolle múltiples fotografías sobre lugares destacados da provincia . A través do contido nesta rede social pódense descubrir novos lugares

á marxe dos sitios recorrentes do centro da Boa Vila, a provincia de Pontevedra ofrece multitude de alternativas e un gran atractivo turístico do que as as redes sociais son testemuña.

Os plans que recomendan os internautas son moi variados. Instagram recolle unha gran presenza de opcións turísticas e históricas, como é o caso do Ponte de Pontesampaio. A estrutura desta construción é da idade media e establécese como un lugar perfecto para realizar un paseo. Outra alternativa enmarcada neste tipo de visitas é Castelo de Soutomaior, a fortaleza do século XII consta cun extenso xardín que sorprende aos visitantes e facilita a misión de obter unha boa foto. Ademais, tamén conta cunha gran randeeira que se establece como o punto crave da visita e as sesións fotográficas. Nas redes inclúese ademais a visita ao Castro de Santa Tegra, localizado no contorno do monte de Santa Tegra. Unha boa alternativa para coñecer de cerca a historia da denominada cultura castrexa. Cambados conta tamén con outro lugar de interese, a Torre de San Sadurniño, consistente nos restos da torre de vixilancia construída para protexer á ría de Cambados de ataques marítimos. 

Doutra banda, os amantes das rutas optan por mostrar nas súas contas de Instagram lugares apropiados para as camiñadas. Entre eles destaca Cabo Home, localizado en pártea sur de Cangas do Morrazo. Neste lugar infestado de natureza a maioría das fotografías levan a cabo na caracola, unha construción metálica con forma de molusco que permite inmortalizar as postas de sol de forma orixinal. Outra opción para camiñar gozando de boas vistas é a Ruta Pedras Negras no Grove. Consiste nun paseo de aproximadamente media hora que transcorre polas proximidades de diversas calas, ademais constitúese como un bo xeito de gozar do transcurso do atardecer. Outra ruta cargada de aventura pódese conseguir trasladándose en kaiak ata Illote Guidoiro Areoso. Está localizado na ría de Arousa e mediante o aluguer de embarcacións poderá trasladarse ata o. Trátase dunha experiencia única que vale a pena vivir.

Para un plan máis relaxado no que o principal sexa tomar algo nun sitio bonito, Combarro é unha boa opción. Este municipio de Poio destaca pola presenza de múltiples hórreos a primeira liña de mar, ademais as súas pequenas e singulares casas convérteno nun lugar moi fotografiable e característico.

Sen dúbida os usuarios das redes recomendan sitios que, de acudir a eles, non deixarán indiferente ao visitante.

Pontevedra na rede
comentarios
ç