Abel Caballero di que os niveis de contaminación da ría de Vigo son "cero"

O alcalde olívico acusa ao BNG de "levantar desconfianzas sen causa xustificada"

Ría de Vigo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Ría de Vigo. GONZALO GARCÍA

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que os niveis de contaminación da ría de Vigo "son cero" desde que está a funcionar a nova depuradora; "está magnifica e non temos problema de saneamento".

Caballero contestou así ás críticas realizadas polo BNG tras anunciar o Parlamento Europeo que revisará a situación da ría asegurar que o tratamento de augas pluviais é "deficiente".

O alcalde cualificou de "lamentable" a actitude dos nacionalistas aos que acusou de non "decatarse de que aquí hai unha gran depuradora".

Caballero está tan convencido de que a auga ten xa tal nivel de saneamento que este ano "haberá bandeira azul en Samil, na desembocadura do río Lagares". "Ímola solicitar e ímola conseguir", sentenciou.

Para finalizar, culpou ao BNG de "levantar desconfianzas sen causa xustificable polo que merecen un castigo político". "Parece que lle teñan tirria a esta ría", resumiu. 

Comentarios