Abel Caballero espera unha chamada do alcalde de Nova York sobre as luces do Nadal

O rexedor vigués insiste en que a iluminación de Nadal da súa cidade será a mellor do planeta

Abel Caballero insiste coas luces de Nadal. Tras converterse en trending topic cun vídeo viral, agora volveu a insistir en que o día 24 de novembro, ás 19.30 horas, espera unha chamada do alcalde de Nova York para ser felicitado pola iluminación do Nadal de Vigo, que considera a mellor do planeta.

"O alcalde de Nova York vaime a dicir que me ten sa envexa", asegura o rexedor socialista, que tira de humor para engadir: "Terase que pór lentes de sol para non quedar cegado".

Hai que recordar que desde 2014 o alcalde de Nova York é Bill de Blasio.

Comentarios