Un accidente entre tres vehículos obriga a cortar dous carrís da A-52

Varios condutores informaron o sinistro pasadas as 18.00 horas

Unha colisión por alcance na que se viron implicados tres vehículos obrigou este xoves a cortar o carril dereito e central da A-52, segundo informa o 112, no punto quilométrico 301,500 sentido Vigo. 

Varios condutores informaron o sinistro pasadas as 18,00 horas. Entón, o 112 alertou aos axentes da Garda Civil de Tráfico, ao servizo municipal de urxencias de Mos e ao 061.  Así mesmo, foron avisados a Policía Local e Protección Civil das localidades do Porriño e Ponteareas. 

Comentarios