Achan o corpo sen vida dun home nunha leira abandonada en Vigo

O cadáver estaba tendido no chan

A Policía trata de esclarecer as circunstancias que rodean a morte dun home cuxo cadáver apareceu este sábado nunha leira abandonada en Vigo. Segundo informou este domingo o 112 Galicia, o corpo sen vida foi achado sobre as 19.30 da tarde por un particular na rúa Ribadavia.

O cadáver estaba tendido no chan dunha leira abandonada. O 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enseguida solicitou a colaboración das Forzas da Orde.

Tras confirmar que se trataba dun cadáver, a Policía Nacional trata de esclarecer os feitos. 

Comentarios