Seis anos de cárcere por golpear a un mozo que colleu uns aguacates na vía pública

Ademais da pena de cárcere, o condenado non poderá aproximarse nin comunicarse coa vítima durante sete anos

O home que agrediu a un mozo por coller varios aguacates dunha árbore situada na vía pública foi condenado a seis anos de prisión en Vigo.

O condenado colleu unha barra de ferro e golpeou á vítima na cabeza, unha reacción desmesurada tras un incidente menor segundo a sección quinta da Audiencia Provincial, sita en Vigo.

A xuíza condénao como autor dun delito de homicidio en grao de tentativa coa concorrencia de atenuante de anomalía psíquica.

Ademais da pena de cárcere, o condenado non poderá aproximarse nin comunicarse coa vítima durante sete anos. Imponlle, ademais, o pago dunha indemnización de 1.600 euros polos días de baixa e as secuelas.