Asisten por lesións a un vixiante do Álvaro Cunqueiro que foi agredido por un paciente

Como consecuencia das lesións, o traballador atópase de baixa médica

Hospital Álvaro Cunqueiro. RAFA FARIÑA
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro. RAFA FARIÑA

Un vixiante de seguridade do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tivo que ser atendido polas lesións que lle ocasionou un paciente psiquiátrico que se atopaba "moi alterado e facía caso omiso ás indicacións do persoal sanitario", segundo informou UXT. De acordo co sindicato, os feitos ocorreron na mañá deste luns, cando o vixiante intentaba convencer a este home "para que depuxese a súa actitude". Como consecuencia das lesións, o traballador atópase de baixa médica. 

UXT destacou "a difícil función que prestan os vixiantes deste tipo de servizos", que chegan a pór "en risco as súas vidas". Ademais, denunciou que "son os grandes esquecidos polas administracións e a sociedade", a pesar de que "sempre están en primeira liña e son os primeiros en dar socorro ante calquera incidencia ou catástrofe". 

Comentarios