Atopan calcinado un coche roubado en Vigo

O vehículo foi localizado na rúa Purificación Saavedra

A Policía Nacional está a investigar a aparición este luns dun coche calcinado na rúa Purificación Saavedra de Vigo e que fora roubado este pasado domingo. Un particular avisaba á Central de Información e Mando sobre as 22.00 horas de que había un vehículo ardendo nesta rúa viguesa.

Os axentes comprobaron ao chegar ao lugar do suceso que xa se atopaba unha dotación de extinción de incendios apagando o lume. O feito foi posto en coñecemento do seu propietario así como do Corpo Nacional de Policía para tratar de esclarecer o incidente.