Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O BNG de Mos rexeita a construción da cidade deportiva do Celta

Estadio actual do Celta, Balaídos. LALO R. VILLAR
Estadio actual do Celta, Balaídos. LALO R. VILLAR

Os nacionalistas argumentan que a súa formación ten "un proxecto de país que non contempla macro centros comerciais que destrúan o tecido comercial do pequeno e mediano comercio, destruíndo máis empregos dos que se crean"

O BNG mostrou este xoves o seu "total rexeitamento" ao proxecto de construción da cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo e da macro centro comercial de Mos tras unha asemblea de militantes celebrada o mércores.

Os nacionalistas argumentan que a súa formación ten "un proxecto de país que non contempla macro centros comerciais que destrúan o tecido comercial do pequeno e mediano comercio, destruíndo máis empregos dos que se crean".

O BNG de Mos tamén aposta por unha ordenación racional e respectuosa co medio ambiente e "non favorecer os intereses de empresas privadas que só ven polo seu beneficio e non polos veciños".

Os nacionalistas recordaron que o proxecto foi "un despropósito" desde un principio e que se deu por feito antes de falar cos afectados. Tampouco ven xustificación algunha para modificar o Plan Xeral tal e como require a aprobación deste proxecto.

"É un proxecto que non conta co consenso social e o malestar dos veciños é evidente" afirman.

Para finalizar, o BNG culpa aos responsables municipais de estar coas empresas privadas en lugar de estar cos veciños.
 

O BNG de Mos rexeita a construción da cidade deportiva do Celta
Comentarios