Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

Caballero critica a "posición antiVigo" de Feijóo polos seus "insultos" como presidente da Xunta

Abel Caballero. SALVADOR SAS (EFE)
Abel Caballero. SALVADOR SAS (EFE)

Considera que ao BNG, Marea de Vigo e PP "non lles interesa" Vigo e só pretenden "facer ruído político" antes das eleccións 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa desde o seu cargo institucional lle dedicase insultos e descualificacións", tras os que considera que se atopa a "posición antiVigo do señor Feijóo". 

"Como Vigo avanza, está furioso, e como o está, insulta e descualifica e nótaselle a súa inquina política contra esta cidade", sostén o rexedor

"Xa sabiamos que o fixo naquel aquelarre do PP, con Casado, pero era un acto de partido", apuntou, censurando que este xoves as declaracións de Feijóo "descualificando ao alcalde de Vigo" foron "como presidente da Xunta". 

"Eu non contesto a insultos; nin é nin vai ser o meu estilo. Só digo que sabe que esta cidade non lle quere, que está enfadadísima, entre outras cousas, polas súas ultimas declaracións sobre o accidente do Marisquiño", sostivo, incidindo en que "como Vigo avanza, está furioso, e como o está, insulta e descualifica e nótaselle o seu inquina política contra esta cidade". 

Acto seguido aludiu á posibilidade de que a conselleira Beatriz Mato sexa a candidata popular na cidade da Coruña nas próximas eleccións municipais, e remarcou que Mato desde o seu cargo na Xunta "tomou moi importantes medidas contra a cidade". "Agora xa sabemos por que: Quererá exhibir na súa candidatura todo o dano que lle fixo a Vigo". 

Así, remarcou que nestes anos "Mato estivo permanentemente discriminando e tomando decisións en contra desta cidade", entre as que mencionou que intentou "parar" a candidatura de Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, "denegou" o transvasamento de urxencia durante a seca, "dixo que non á opción do Plan Parello" e "decidiu que a 'Lei Vigo' fose a lei contra Vigo".

BNG E MAREA DE VIGO. A continuación, Caballero referiuse ao BNG e a Marea de Vigo, aos que espetou que, de face aos comicios, "era bo que intentasen decatarse" de cuestións relativas a actuacións da Xunta en Vigo, como "por que non fai o enlace de Buenos Aires, por que se opón á AVE a Vigo por Cerdedo, por que en Vigo hai un hospital privado e no seu parking hai que pagar". 

Ademais, en concreto sobre o BNG comentou que entende "que ninguén se queira presentar polo Bloque, *como se vai a presentar, se está nunha campaña negándolle a auga a Vigo?". "Sucede que o PP, Bloque e Marea de Vigo só queren ruído político, non lles interesa esta cidade nin os seus cidadáns. Eu encargareime de seguir avanzando á velocidade da luz", remachou. 

Caballero critica a "posición antiVigo" de Feijóo polos seus...
Comentarios