Unha colisión entre dous vehículos deixa un ferido en Vigo

Un coche chocou contra outro que acababa de sufrir unha avaría nunha roda

Unha persoa resultou ferida este sábado pola mañá tras sufrir unha colisión co turismo en que viaxaba ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Teis, en Vigo. Segundo informou o 112 de Galicia,  varios veciños alertaron sobre as 11.15 horas sobre un accidente entre dous vehículos na AP-9V, á altura do quilómetro 10,en dirección a Teis.

O sinistro produciuse cando un dos coches chocou contra un automóbil que acababa de sufrir unha avaría nunha roda, segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Urxencias. O 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participou persoal do 061, Bombeiros de Vigo, Garda Civil, e o servizo de mantemento de estradas.