Comezan as obras de reforma da viguesa Praza de América

Abel Caballero quere convertela nunha "zona para pasear e vivir"

Abel Caballero, en la zona. EFE
photo_camera Abel Caballero, con veciños de Vigo. EFE

As obras de reforma da emblemática Praza de América de Vigo comezaron este xoves pola mañá para convertela nunha "zona para pasear e vivir", en palabras do alcalde olívico, o socialista Abel Caballero.

Cun investimento de 1,4 millóns, as obras permitirán recuperar a idea orixinal do escultor Silverio Rivas, para que os cidadáns poidan chegar ao centro da rotonda para contemplar de cerca a súa obra 'Porta do Atlántico'. Iso non causará problemas ao tráfico, segundo o alcalde. O espazo público terá mil metros cadrados, con aneis de vexetación e unha fonte. 

Ademais, está xa finalizada a reforma da praza do Barrio das Flores, en Sanjurjo Badía.

Comentarios