O Concello de Vigo rexeitou este mércores en sesión plenaria establecer unha comisión de investigación sobre o accidente ocorrido o pasado 12 de agosto ao esborrallarse unha plataforma durante un concerto do festival en de O Marisquiño no que resultaron feridos máis de catrocentos espectadores.
Os concelleiros do PSOE votaron en contra de constituír tal comisión mentres que os de Marea e PPdeG avogaron por tal iniciativa.
A proposta partía do grupo municipal de Marea ao entender que o primeiro que hai que facer antes de sacar conclusións sobre este suceso, é investigar o que pasou e por que pasou.
O portavoz de Marea, Rubén Pérez, responsabilizou aos representantes do PP e do PSOE de facer do debate unha “batalla campal” entre ambos.
A portavoz do PP, Elena Muñoz, deixou caer toda a responsabilidade do accidente sobre o alcalde de Vigo e acusou a Caballero de pasar “de protagonista (antes do accidente) a figurante (despois do accidente)” neste festival.
Pola súa banda, o portavoz de Goberno, Carlos Font, culpou a PP e a Marea de facer “política con este accidente” e que os socialistas son únicos que están coas vítimas.
“Non hai nada que investigar”, profundou Font recordando que as investigacións as está levando o Xulgado.
O presidente dunha das asociacións de afectados por este accidente, Sinaí Giménez, estivo presente no pleno como parte do público e intentou pedir, sen éxito, intervir na sesión plenaria.
O Concello de Vigo rexeita unha comisión sobre O Marisquiño: "Non hai nada que investigar"
Os concelleiros de Marea e PPdeG votaron a favor desta iniciativa