Bará lamenta que a Xunta "actúe como valedor" de Maderas Iglesias nun "momento crítico"

Conde cre que a folga dos traballadores "en nada axuda" á situación da empresa 

Trabajadores de Maderas Iglesias durante una manifestación en 2018. DP
photo_camera Traballadores de Madeiras Igrexas durante a manifestación deste mércores. CIG

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, considerou este mércores que manter a folga indefinida iniciada a finais de agosto os traballadores na empresa Maderas Iglesias "en nada axuda" a solucionar a situación.

O persoal de Maderas Iglesias decidiu rexeitar un preacordo alcanzado con dirección da empresa, por falta "de confianza" na mesma polo que continúa coa folga, aspecto polo deputado do BNG, Luís Bará, preguntou ao conselleiro na reunión plenaria.

Con todo, Conde recordou que neste momento "hai carga de traballo" o que evidencia un escenario no que "dentro da dificultade" é beneficioso para todas as partes polo que o "primeiro paso" sería desconvocar a folga.

En todo caso, o conselleiro reiterou que é necesario "buscar unha solución financeira" que pasa pola chegada dun investidor a Maderas Iglesias.

Con todo pediu, Conde pediu aos nacionalistas que deixen de politizar "esta situación".

Bará lamentou que a Xunta se poña de lado dos empresarios nun "momento crítico e límite" para os traballadores que están en folga para "defender os seus dereitos laborais" pedindo "algo tan básico como cobrar o salario".

O deputado do BNG criticou que o conselleiro "actúe como valedor da empresa".

Comentarios