Condenada a moblería que instalou a cama abatible que causou a morte dunha viguesa

A vítima recibiu un golpe na cabeza mentres durmía froito dunha instalación defectuosa
Una cama plegable. PIXABAY
photo_camera Unha cama plegable. PIXABAY

A sección sexta da Audiencia de Pontevedra ratificou a sentenza que condena a unha empresa de mobles de Vigo pola morte dunha muller tras recibir un golpe na cabeza pola estrutura dun moble-cama no que durmía debido á súa defectuosa instalación.

A Audiencia rexeita o recurso que a empresa interpuxo ante o fallo orixinal do xulgado de primeira instancia 2 de Vigo que a condenou a indemnizar con 50.400 euros a cada un dos dous fillos da vítima, e absolveu á caseira do domicilio no que se produciu este suceso, á que estes e o seu marido tamén demandaron.

Segundo se recolle na sentenza, o 9 de abril de 2016, cando a vítima durmía no seu domicilio darúa Lepanto de Vigo produciuse un envorco da estrutura do moble sobre o conxunto da cama e golpeoulle na cabeza, o que lle ocasionou a morte.

No seu recurso de apelación, a empresa de mobles aduciu un erro na valoración da proba e cuestionou a cuantificación da responsabilidade de acordo co baremo de tráfico.

A Audiencia de Pontevedra conclúe que a citada valoración "dista moito de ser arbitraria, ilóxica ou contraditoria como pretende a apelante; ao contrario, resulta razoable e debe ser mantida".
A empresa de mobles aducía un posible mal uso ou manipulación por parte da falecida,

Baseándose nun informe pericial de parte que concluía que as causas que provocaron o accidente non estaban relacionadas coas características da moble-cama en canto ao deseño de fabricación ou unha instalación defectuosa.

Achacouno a unha eventual manipulación ou modificación dos compoñentes de seguridade do moble, realizada con posterioridade á subministración e instalación do mesmo, e a unha posible deficiente utilización.

Non houbo neglixencia por parte da vítima
A Audiencia considera "incuestionable" a responsabilidade da empresa instaladora, pois obviáronse varias operacións que determinaron o tráxico desenlace".

Alude a unha deficiente suxeción entre o moble e as escuadras que o fixaban á parede, así como á falta dun posicionamento de seguridade para as patas da cama plegable que evitasen o seu encartado accidental.  Ademais, descarta calquera "conduta neglixente" por parte da vítima que contribuíse casualmente á produción do dano.