Confinado outro buque en Vigo tras detectarse 5 positivos na tripulación

O laboratorio de Microbiología do Chuvi está secuenciando 4 mostras para determinar con que variante están contaxiados
Vista aérea del Puerto de Vigo. ADP
photo_camera Vista aérea do Porto de Vigo. ADP

Sanidade confirmou o confinamento doutro buque, o Emerald Leader, no Porto de Vigo, tras detectarse 5 casos positivos de covid-19 na súa tripulación.

Fontes do Sergas explicaron que a tripulación, formada por 23 persoas, permanece illada no barco, e entre eles están os casos positivos de coronavirus, que están asintomáticos.

Os contagios foron confirmados polo laboratorio VithasLab e o barco xa foi posto en corentena antes da atracada. Ademais, Sanidade sinalou que o laboratorio de Microbiología do Chuvi está secuenciando 4 mostras destes pacientes para determinar con que variante están contaxiados.

O Emerald Leader é un buque ro-ro con bandeira de Bahamas e que atracou en Vigo procedente de Reino Unido. Segundo os datos que manexa o Porto olívico, o barco tiña como seguinte escala o porto de Sagunto (Valencia).

Ademais deste buque, outro ro-ro permanece illado na terminal olívica, o Prometheus Leader, en cuxa tripulación se confirmaron sete contaxiados por covid-19, coa variante india do virus. Do total de afectados deste cargueiro, hai catro persoas hospitalizadas, unha das cales está ingresada na Uci.

Comentarios