Confirman ano e medio de cárcere para o clan que explotaba indixentes lusos

A sentenza tamén lles impón aos acusados a suspensión de dedicarse á actividade da madeira por un período de dous anos

Sede del TSXG. ARCHIVO
photo_camera Sede do TSXG. GOOGLE MAPS

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a pena dun ano e sete meses de cárcere, como autores dun delito contra os dereitos dos traballadores, a cada un dos sete membros dun clan luso-español que explotaba a indixentes portugueses.

O tribunal, do mesmo xeito que antes fixo a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, considera acreditado que os traballadores realizaban para as condenados reparacións de palés de madeira que logo vendían a empresas.

As xornadas laborais eran "ao aire libre, desde as oito ou nove da mañá, ata incluso a caída do sol, sen iluminación nin descanso semanal", polas que recibían "unhas remuneracións mínimas semanais".

A sentenza ratificada polo alto tribunal galego tamén lles impón aos acusados a suspensión de dedicarse á actividade da madeira por un período de dous anos.

"É evidente que por moi rudimentario que sexa o formato elixido, era o válido e adecuado para xerar, nesa ordenación de medios de produción, un beneficio económico a cambio de outorgar aos traballadores unhas condicións de vida míseras, en medios, protección e retribución", indica o Tribunal Superior no fallo.