David Bisbal ofrecerá en Vigo un concerto exclusivo para clientes de Endesa

Será o 21 de marzo no Teatro Afundación

David Bisbal. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera David Bisbal. FERNANDO VILLAR (EFE)

Os novos clientes galegos de Endesa poderán asistir a un concerto e a unha reunión exclusiva co cantante David Bisbal en Vigo. En concreto, a cita será o próximo 21 de marzo no Teatro Afundación.

Segundo informa a compañía, este evento forma parte dunha campaña para ofrecer aos consumidores unha nova tarifa denominada Tempo Happy. Segundo esta oferta, Endesa garante gratis a enerxía das 50 horas de maior consumo ao mes, a de dúas horas de luz a cero euros ou a enerxía de toda unha xornada por semana sen custo.

O acto co artista, que viaxará expresamente a Galicia con esta finalidade e será entrevistado por un mestre de cerimonias, estará reservado para novos clientes da empresa enerxética.

Así, Endesa porá a disposición dos galegos 470 entradas dobres. Para conseguilas, bastará con contratar a tarifa Tempo Happy ata o próximo 31 de xaneiro en calquera punto de servizo da compañía, por vía telefónica ou a través de Internet. Os pases serán entregados por orde de petición ata que se esgoten.

Comentarios