Un home denunciado en Vigo por conducir baixo os efectos do alcol

Tampouco contaba coa autorización administrativa necesaria en España
La Policía Nacional. DP
photo_camera A Policía Nacional. DP

Un home de 39 anos con nacionalidade paraguaia, J.B.P.V., foi denunciado en Vigo por conducir sen unha autorización administrativa válida en España e baixo efectos do alcol

Segundo detallaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar este domingo sobre as 3,00 horas da madrugada, cando os axentes deron o alto a un vehículo que realizaba unha condución errática na rúa Paradiña

Tras observar que o condutor presentaba síntomas de atoparse baixo o efecto de bebidas alcohólicas, realizáronlle as probas perceptivas, que arroxaron un resultado positivo de 0'43 e 0'45 miligramos por litro en aire expirado. Así, foi denunciado por este motivo e por conducir o vehículo sen unha autorización administrativa válida en España ao non realizar o troco dun permiso obtido no estranxeiro. 

Noutra orde de cousas, pouco antes das 4,00 horas deste sábado, unha patrulla deu o alto a un vehículo de cinco prazas no que viaxaban sete persoas. Ademais, ao comprobar que o condutor, un home domiciliado en Vigo de 34 anos, A.G.E., presentaba síntomas compatibles co consumo de alcol, realizáronlle o correspondente. Dado que arroxou un resultado positivo, con taxas de 0'49 e 0'45 mg/l, foi denunciado

CIRCULACIÓN EN PATINETE ELÉCTRICO. Por outra banda, ao redor das 5,00 horas deste sábado, os policías identificaron ao condutor dun patinete eléctrico que circulaba en horario nocturno sen facer uso de ningunha iluminación pola rúa Urzáiz, D.E.B.A., de Vigo e 27 anos de idade. 

Así, observaron que presentaba síntomas de consumir drogas e realizáronlle as correspondentes probas, que arroxaron un resultado positivo en THC. Como consecuencia, o home foi denunciado administrativamente e inmobilizouse o seu vehículo. 

Ao día seguinte, sobre as 17,42 horas, foi interceptado de novo e arroxou resultados positivos en cannabis e THC, polo que foi sancionado administrativamente e inmobilizouse o seu vehículo. 
 

Comentarios