miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Desaloxado o concerto de Andrés Suárez en Vigo por non cumprirse as normas anticovid

Andrés Suárez. DP
Andrés Suárez. DP
O propio artista explicou que se non se garantía a seguridade non ía actuar

O concerto de Andrés Suárez previsto para a noite deste venres no festival Terraceo, organizado polo Auditorio Mar de Vigo, foi suspendido polo incumprimento das normas sanitarias anticovid.

O recital programouse para que tivese lugar na azotea do edificio, pero finalmente trasladouse ao interior do mesmo ante o inconveniente da choiva.

O problema foi que no interior do recinto non había butacas anuladas para salvar as distancias de seguridade, polo que numerosos asistentes comezaron a queixarse e a Policía Local acabou por desaloxar o lugar.

O propio Andrés Suárez saíu ao escenario para explicar que non ía dar o concerto "se non é con garantías", comentaba desculpándose por iso. "Levo máis de 20 anos dedicándome a isto e é a primeira vez que me pasa", arrincou para dirixirse ao público. Tamén explicou a súa especial sensibilidade co problema da crise sanitaria, dadas as súas circunstancias persoais. "Son fillo de sanitaria", sentenciou.

O público aplaudiu as palabras do artista, mentres que nas redes sociais, puideron verse múltiples críticas contra a organización por non cumprir "co aforamento e as normas de seguridade". E coa dúbida de que o evento poida cumprir co programa de mañá.

uxiacepeo) May 14, 2021<>

Claro q se se acaba de cancelar o primeiro concerto de Andrés Suárez x non respectar o aforamento e veredes q mañá terá q pasar igual porq vaia desorganización de que día estaban esgotadas e que día non.

Cada semana aparecía como dispoñible unha data distinta. https://t.co/MYlQiteDPD<> — Nova-normal (\l_vdn_) May 14, 2021<>

Desaloxado o concerto de Andrés Suárez en Vigo por non cumprirse as...
comentarios
ç