Desaloxado un pasaxeiro do bus urbano de Vigo por negarse a utilizar máscara

Foi proposto para sanción por incumprir as normas do estado de alarma e as medidas das fases de desescalada
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Un policía entrega unha máscara a un condutor de bus en Vigo. EFE

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra un pasaxeiro dun autobús de Vitrasa, concesionaria do bus urbano na cidade olívica, porque se negaba a porse máscara de protección.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do sábado, cando un condutor de autobús urbano contactou co 092 para denunciar que un pasaxeiro negábase a porse máscara (obrigatoria cando se utiliza transporte colectivo).

Axentes da Policía dirixíronse ao lugar do incidente, na rúa Álvaro Cunqueiro, e ordenaron a ese individuo que abandonase o autobús. Así mesmo foi proposto para sanción por incumprir as determinacións do estado de alarma e as medidas das fases de desescalada.

Outras denuncias

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén confirmou que se tramitou denuncia contra o propietario dunha cafetería da rúa Colombia, onde se atopaban máis dunha vintena de clientes, sen usar máscaras e coas mesas xuntas, sen respectar a distancia de seguridade.

A esta denuncia súmanse outras contra catro homes que tamén incumpriron as prescricións do estado de alarma, xa que se atopaban reunidos no Paseo de Samil, na madrugada do domingo, sen respectar a distancia de seguridade e sen facer uso da máscara.

Comentarios