Detida nun control de tráfico en Vigo unha muller que tiña unha orde de ingreso en prisión 

A arrestada é natural e veciña de Zamora

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 44 anos de idade, M.S.J.J., veciña da cidade e natural de Zamora, sobre a que pesaba unha orde de detención e ingreso en prisión. 

Segundo informaron fontes policiais, a detención produciuse sobre as 13.20 horas do xoves, cando o 092 realizaba un control rutineiro de tráfico na Avenida de Madrid. 

Os axentes deron o alto a un turismo e, ao comprobar os datos dos seus ocupantes, constataron que a muller que ía como acompañante tiña pendente unha orde de detención e ingreso en prisión emitida por un xulgado de Zamora, polo que foi arrestada nese momento.