Detido en Vigo tras agredir á súa parella por unha cuestión de celos

Agarrouna pola mandíbula e tirouna sobre a cama, non cesando de proferir insultos contra ela 
Policía Local de Vigo. ADP
photo_camera Policía Local de Vigo. ADP

Un home de 39 anos e nacionalidade colombiana foi detido en Vigo pola Policía Local tras agredir á súa parella, tamén colombiana e de 38 anos, por unha cuestión de celos. Os feitos, segundo informaron este luns fontes policiais, tiveron lugar a última hora da noite de onte, domingo, na rúa Urzaiz, cara a onde se dirixiu unha patrulla despois que a presunta vítima denunciase a agresión. 

Unha vez no lugar, os axentes foron recibidos pola muller que, chorando e moi nerviosa, manifestou que a súa actual parella chegou ao domicilio que comparten e comezou beber mostrándose agresivo con ela. En consecuencia, a muller decidiu encerrarse na habitación e colocou unha cadeira bloqueando a apertura da manilla da porta, o que non impediu que o agora detido entrase na habitación e comezase zarandeala tras suxeitala con forza dos brazos. 

Acto seguido, atenazouna fortemente pola mandíbula e tirouna sobre a cama onde continuou zarandeándoa mentres a insultaba. O motivo desta conduta, segundo a muller, son os celos da súa parella, do que dixo que é moi controlador e que lle ten medo, non atrevéndose a denuncialo. O home atopábase a vivenda, polo que os axentes procederon a detelo como presunto autor dun delito de violencia de xénero. 

Comentarios