jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

Detido tras dar unha malleira a unha moza na habitación dun hotel de Vigo

Policía Local de Vigo. ADP
Policía Local de Vigo. ADP
Arrastrouna polo chan habitación, propinoulle varias patadas no corpo e deulle unha puñada no ollo dereito

Un cidadán francés de 51 anos foi detido en Vigo pola Policía Local tras darlle unha malleira a unha moza viguesa de 25 anos na habitación dun hotel da cidade.

Segundo informaron este xoves policiais, os feitos tiveron lugar o pasado martes e “todo parece indicar” que a parella mantivo unha discusión que foi subindo de ton ata que o home, suxeitando á muller dos pelos, arrastrouna polo chan habitación, propinoulle varias patadas no corpo e deulle unha puñada no ollo dereito.

A moza, cando conseguiu zafarse e escapar, correu a refuxiarse no domicilio dunha amiga, e non foi ata a medianoite cando chamou á Policía para denunciar os feitos.

Segundo dixo aos axentes atopábase en shock, e non foi ata ese momento que estivo o suficientemente acougada para solicitar atención policial.

Os axentes localizaron finalmente ao suposto agresor ás 17:00 horas do mércores, no lugar onde se hospedaba e procederon á súa detención como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Detido tras dar unha malleira a unha moza na habitación dun hotel...
ç