Detido por exhibicionismo un home tras facerse tocamentos e masturbabarse en Samil

Os axentes da Policía Local de Vigo identificaron ao sospeitoso, que negou os feitos, pero varias testemuñas corroboraron a denuncia e varias familias confirmaron que o viron
Varias personas paseando por la playa de Samil. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Varias personas paseando por la playa de Samil. SALVADOR SAS (EFE)

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D., como presunto autor dun delito de exhibicionismo, por facerse tocamentos e masturbarse diante dos bañistas, incluídos menores de idade, na praia de Samil

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres pola tarde, cando a Policía foi requirida por varias testemuñas que alertaban da presenza dun home na praia, que estaba a facerse tocamentos e que chegara a baixarse o bañador para masturbarse diante dos bañistas.

Os axentes identificaron ao sospeitoso, que negou os feitos, pero varias testemuñas corroboraron a denuncia e varias familias confirmaron que o viron, incluídas as súas fillas de 7,8 e 13 anos de idade.

Por estes feitos, procedeuse á detención do individuo.

Comentarios