Detido en Vigo por gravar a mulleres por baixo da saia e colgalo nunha web

A investigación remóntase a xuño de 2018, cando varias mulleres denunciaron os feitos no transcurso dun evento celebrado na Coruña
 

Un coche de la Policía Nacional. EP
photo_camera Un coche da Policía Nacional. EP

A Policía Nacional detivo en Vigo un mozo de 23 anos acusado de gravar as partes íntimas de varias mulleres por baixo da saia e colgar as imaxes nunha web de contido pornográfico, informaron fontes oficiais.

A investigación remóntase a xuño de 2018, cando varias mulleres denunciaron que alguén as gravaron por baixo da saia no transcurso dun evento celebrado na Coruña.

A Policía comprobou que o sospeitoso publicara varias fotografías de temática upskirter, que consiste en que os homes gravan mulleres sen o seu consentimento nin coñecemento por baixo da saia.

Ademais, achou outros tres vídeos de similar contido que foran gravados nun centro comercial de Vigo.

Unha vez identificado o sospeitoso, a Policía procedeu á súa detención e nun rexistro do seu domicilio interveu, entre outros efectos, un computador portátil no que estaban almacenados os vídeos en cuestión. 

Comentarios