miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

Detido un home de 73 anos en Vigo acusado de agredir á súa parella

Unha imaxe alusiva á violencia contra a muller ALEXANDRA
Unha imaxe alusiva á violencia contra a muller ALEXANDRA

A muller foi trasladada de urxencia a un centro médico con feridas e lesións

Un home de 73 anos foi detido en Vigo acusado de agredir á súa parella, que foi trasladada de urxencia a un centro médico con feridas e lesións, informou a Policía.

A detención produciuse esta madrugada nunha vivenda da praza Maruja Mallo, onde os axentes que acudiron acharon muller ensanguentada e tirada no chan.

A vítima, que foi trasladada ao Hospital Povisa, denunciou ser agredida pola súa parella, que foi arrestado a continuación.

Segundo a Policía autonómica, un total de 263 vítimas de violencia de xénero atópanse actualmente baixo a súa protección en territorio galego.

Detido un home de 73 anos en Vigo acusado de agredir á súa parella
comentarios