Detido un home tras tirar ao chan á súa parella cando paseaba por Vigo

O detido actuou coa intención de non ser recoñecido e agrediu á muller pola espalda

Policía Local de Vigo. ADP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

A Policía Local de Vigo detivo a home de 36 anos de idade por dar, supostamente e coa intención de non ser recoñecido, un tirón do pelo por detrás á súa parella e tirala ao chan mentres daba un paseo soa polo Monte do Castro en Vigo. O presunto agresor deuse á fuga tras o suceso, segundo informan os axentes.

A muller decidiu acudir a un centro de saúde e ao chegar ao seu domicilio, recriminou á súa parella a agresión sufrida, ensinándolle o parte médico.

Nese momento, comezou unha discusión entre ambos polo que a moza decidiu saír pola fiestra para pedir axuda e tras un forcexo entre ambos, logrou saír á rúa para pedir auxilio.

O home foi detido por un suposto delito de violencia machista. 

Comentarios