Detido en Vigo por conducir drogado, sen carné e cunha orde de arresto pendente

Deu positivo en THC, cocaína e opiáceos

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, L.J.G., de 38 anos, por varios delitos contra a seguridade viaria e por ter pendente unha orde de búsqueda, arresto e ingreso en prisión. 

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste martes, cando un vehículo do 092 foi adiantado na Avenida de Beiramar por outro turismo, que circulaba a más velocidade da permitida.

Os axentes deron o alto ao condutor, e comprobaron que presentaba síntomas de estar baixo os efectos dalgunha sustancia tóxica. Así, as probas de detección de drogas arroxaron resultado positivo para THC, cocaína e opiáceos, e os policías interviñéronlle unha pequeña cantidade de hachís que levaba encima. 

Ademais, o condutor manifestou de xeito espontáneol que non tiña permiso de conducción e que estivera detido anteriormente por conducir sen carné. 

Os axentes constataron esa información, e tamén comprobaron que, sobre o condutor, pesaba unha orde xudicial de búsqueda, detención e ingreso en prisión ditada por un xulgado do Penal de Vigo. Por estes feitos, o home foi detido nese momento.