Un mozo é detido en Vigo por empuxar á súa parella, á que agredira antes 

O rapaz, de 21 anos, tamén a agarrou polo pescozo
Sin nombre
photo_camera Comisaría da Policía Local de Vigo. GOOGLE MAPS

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 21 anos de idade, X.R.P., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras empuxar e agarrar polo pescozo á súa parella, á que xa agredira en ocasións anteriores. 

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado venres, cando a central do 092 recibiu unha chamada dunha testemuña que vira un episodio de malos tratos en plena rúa, no barrio de Coia. 

Unha dotación policial desprazouse á zona e entrevistouse con esta testemuña, que relatou que escoitara unha acalorada discusión entre un mozo e unha moza na rúa, e que o home empuxara e zarandeado á muller, agarrándoa fortemente polo pescozo e colocando a cabeza dela baixo o seu brazo, mentres a apertaba contra o seu corpo. 

Os axentes dirixíronse á rúa Soutomaior, por onde se foi a parella, e atopáronse a ambos. A muller relatou que tivera unha discusión co mozo por un problema relacionado cun teléfono móbil, e que el comezara a agredila de forma violenta e repentina. 

Os Axentes observaron que a moza tiña un pómulo amoratado, e ela mesma recoñeceu que debido a agresións anteriores presentaba hematomas por todo o corpo, polo que foi evacuada a un hospital. 

Pola súa banda, o home manifestou de xeito espontáneo que tivera unha forte discusión coa súa parella e que esta "acabara mal". 

Ao ser informado de que sería detido por un suposto delito de violencia de xénero, o mozo reaccionou de forma agresiva e comezou a propinar patadas ao vehículo policial. Os axentes trasladárono a un centro médico, onde lle forneceron sedantes para controlar a súa conduta. 

Comentarios