Falece unha muller tras ser atropelada por un tren en Vigo

O suceso ocorreu moi preto da estación de Vigo Guixar

Estación de tren de Vigo Guixar. AEP.
photo_camera Estación de tren de Vigo Guixar. AEP.

Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren moi preto da estación de tren de Vigo Guixar, segundo informou o 112 na tarde deste luns. O tren cubría a ruta Pontevedra-Vigo.

Ademais do persoal de Adif, os servizos sanitarios, Policía Nacional e Local e Bombeiros de Vigo interveñen no suceso.