Ferido en Vigo tras caer no colchón posto polos bombeiros tras precipitarse

Os axentes foran avisados da presenza deste home na fiestra do seu edificio e ao chegar atopárono sentado e coas pernas cara ao exterior

Un home de 41 anos de idade resultou ferido leve tras perder o equilibrio na fiestra do seu domicilio e precipitarse desde un segundo piso cando estaba a ser auxiliado por Policía Local, no barrio de Teis, en Vigo.

Os axentes foran avisados da presenza deste home na fiestra do seu edificio e ao chegar atopárono sentado e coas pernas cara ao exterior.

Os Policías intentaron tranquilizalo e falar con el desde o exterior xa que descoñecían o seu estado psicofísico.

Os bombeiros colocaron ao chegar un colchón de seguridade na vía pública para amortecer o golpe en caso de caída.

Mentres tanto, os axentes non cesaban de tranquilizalo e darlle apoio e observaron como a súa postura se ía relaxando, chegando a suxeitarse cun dos seus brazos no ferro do tendal.

Neses momentos, co colchón de seguridade colocado, o home perdeu o equilibrio e caeu cara á vía pública encima.

O ferido foi trasladado ao centro asistencial con pequenos rasguños que se produciron tras golpearse contra un tendal.