Un ferido tras derrubarse o falso teito dunha cafetería de Vigo

A vítima é un dos camareiros do establecemento, que sufriu diversas lesións

La casa de Reme, en Vigo. FACEBOOK
photo_camera La casa de Reme, en Vigo. FACEBOOK

Un dos camareiros da cafetería La Casa de Reme resultou ferido na cabeza tras derrubarse este venres pola noite o falso teito deste establecemento situado na rúa Rosalía de Castro, en Vigo. O suceso tivo lugar sobre as 23.45 horas e nese momento dentro do local só estaba o camareiro, xa que os clientes se atopaban nunha terraza que non se viu afectada pola caída deste falso teito.

Ata o lugar dos feitos trasladáronse os bombeiros, policía local e unha ambulancia do 061. O ferido, con diversas lesións, foi traslado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, agrega o 112 nun comunicado.