Ferido grave un camioneiro ao que caeu encima unha viga no Porriño

A vítima atopábase cargando o material no vehículo cando ocorreu o accidente

Un camioneiro resultou ferido grave na tarde deste martes ao caerlle encima unha viga que estaba a cargar no seu vehículo no polígono industrial da Granxa, no Porriño, informaron fontes do 112 Galicia.

Para poder acceder ata o ferido, que estaba encima do camión, os sanitarios do 061 requiriron da colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño e dos voluntarios de Protección Civil. Tras ser liberado, o camioneiro foi trasladado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.