Ferido grave un home de 35 anos nun choque de furgonetas en Vigo

A colisión, na que tamén se viu implicado un autobús urbano, produciuse na rúa Coruña

Diario Es Noticia
photo_camera Diario é Noticia

Un home de 35 anos de idade resultou ferido de gravidade e outras dúas persoas de carácter leve ao verse implicados nunha colisión entre dúas furgonetas e un autobús urbano á altura do número 24 da rúa Coruña, en Vigo, segundo informa o 112 Galicia.

Varios particulares alertaron do accidente ao 112 Galicia, que deu o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.

Os tres feridos foron trasladados ao hospital de Fátima.