Ferido un mozo tras caerlle encima un anaco de cornixa en Vigo

Foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro nunha ambulancia
Calle Ecuador de Vigo. GOOGLE MAPS
photo_camera Rúa Ecuador de Vigo. GOOGLE MAPS

Un viandante que camiñaba por unha beirarrúa resultou ferido na mañá deste xoves tras caerlle encima un anaco de cornixa na cidade de Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, o incidente ocorreu sobre as 7.00 horas na rúa Ecuador.

A persoa que chamou para solicitar asistencia médica ao centro de atención de urxencias informou de que o mozo,  de iniciais F.S.A. e 27 anos, circulaba pola beirarrúa cando caeu a porción de cornixa.  As feridas provocadas polo impacto motivaron o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Por parte do 112 Galicia tamén se informou aos axentes da Policía Local e aos bombeiros da cidade. 

Comentarios