miércoles. 29.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 29.01.2020
El tiempo

Un ferido tras virse abaixo o teito dun restaurante en Vigo

Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)
Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Unha persoa resultou ferida a pasada noite en Vigo tras virse abaixo unha parte do teito do restaurante onde se atopaba, situado na Rúa Vía Norte.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso cando faltaban dez minutos para as 23:00 horas, avisado por un particular.

De inmediato, desde o 112 Galicia púxose en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron unha UVI móbil á dirección citada.

Do mesmo xeito, os xestores do 112 informaron os feitos os axentes da Policía Nacional e Local. 

Un ferido tras virse abaixo o teito dun restaurante en Vigo