Ferido o condutor dun vehículo que se saíu da vía e envorcou en Vigo

Os bombeiros de Balaídos tiveron que excarcerar ao home, que quedara atrapado no interior do coche

Un home resultou ferido logo de saírse da vía e envorcar na VG-20, á altura de Teixugueiras, en Vigo, a noite deste sábado. En concreto, os feitos ocorreron uns dez minutos antes das 22.00 horas, segundo explica o 112 Galicia.

Testemuñas presenciaron o accidente e alertaron aos servizos de urxencias do sucedido. O turismo quedou semivolcado ao saírse da estrada e o condutor atrapado no seu interior. Por este motivo, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Balaídos para liberar ao home.

Unha vez excarcerado, os profesionais sanitarios atenderon ao ferido, que finalmente non tivo que ser trasladado a ningún centro hospitalario. Os xestores do 112 Galicia informaron o suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, e aos axentes de Tráfico e da Policía Local. 

Comentarios