Un ovo xigante anuncia a chegada dunha nova criatura a Vigo

Moitos pensan que o dinoseto podería aumentar a súa prole, pero hai outras teorías
El huevo en la Gran Vía de Vigo.TWITTER
photo_camera O ovo na Gran Vía de Vigo.TWITTER

O dinoseto marcou un antes e un despois na contorna da fauna e flora viguesa. Chegou en 2015 e e tras varias localizacións na cidade, un 'fillo', e varios Nadal a toda lámpada, parece que chegou o momento de que chegue unha nova criatura á cidade.

E é que un ovo de magnitudes xigantescas e aparicencia prehistórica a xurdido ao final da Gran Vía viguesa, xusto debaixo da escultura do Monumento ao Traballo, no que varios mariñeiros tiran dunha rede.

A aparición do ovo podería ser parte dunha campaña de promoción da apertura de Vialia a próxima semana, dado que a casca comparte cores co logo do novo centro comercial.

Moitos curiosos pensaron que talvez o dinoseto teña descendencia coa eclosión deste ovo no centro da cidade. Con todo, hai algo que indica que podería tratarse dunha criatura doutra clase.

O ser, que sen dúbida pronto verá a luz, xa rompeu a casca e asoma unha das súas patas ao exterior. Aínda que máis que dunha pata, en realidade parece tratarse dun tentáculo, dado que se intúen catro ventosas no seu extremo. Este detalle, xunto ao lugar no que está colocado, baixo as redes dos mariñeiros, fai pensar que se trate dunha criatura mariña, un cefalópodo.

Posiblemente, esta nova incorporación ao bestiario urbano vigués sexa unha chiscadela á novela de Jules Verne 20.000 leguas de viaxe submarina. Trátase dunha obra de ficción moi vinculada a Vigo, xa que o mítico submarino Nautilus recala no porto olívico durante a súa travesía, e coñécense polo menos dúas visitas do autor francés á cidade.

O monumento xa existente, situado xunto aos jardines de Montero Ríos testemuña o apego dos vigueses á obra. Trátase dunha escultura de bronce instalada en 2005, en conmemoración do centenario do novelista, na que a figura do autor descansa cobre os tentáculos dun polbo de grandes dimensións como o que describe na súa novela.

NON É O PRIMEIRO OVO. No entanto, este non é o primeiro ovo posto nas urbes viguesas. O fillo do dinoseto –outro sebe en forma de dinosauro, pero de menor tamaño– tamén xurdiu despois de que aparecese un ovo xunto ao dinoseto orixinal

Comentarios