Interceptan en Vigo a dous furtivos con máis de 6 quilos de ameixa

A Policía tamén sancionou a unha empresa por desfacerse dunha gran cantidade de cascallos nunha zona de monte
Parte de las almejas incautadas. POLICÍA NACIONAL
photo_camera Ameixas. ARQUIVO

Axentes da Policía Local de Vigo interceptaron a dous homes de 46 e 57 anos de idade aos que descubriron in fraganti cando extraían ameixa nunha praia da cidade.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 12.40 horas deste xoves recibiuse unha alerta porque había dúas persoas practicando o furtivismo na praia viguesa de Punta Lagoa.

Os axentes desprazados á zona identificaron aos dous autores destes feitos, E.S.P., de 57 anos e R.J.B.L., de 46 anos, aos que interviñeron dúas bolsas cun total de máis de 6 quilos de ameixa, que foi devolta ao mar.

VERTIDO NO MONTE

Noutra orde de asuntos, a Policía Local ha sancionado por incumprimento da normativa de medioambiente a unha empresa responsable de deixar unha gran cantidade de cascallos nunha zona de monte.

O pasado mes de xaneiro, os veciños avisaron dunha vertedura no acceso ao campo de fútbol de Santa Marina. Tras realizar varias xestións e comprobar o material, vinculouse a vertedura a unha empresa que realizou obras nunha vivenda do centro urbano, polo que o seu responsable foi identificado e sancionado.