Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Investigan a un vigués por simular que foi atropelado en Ponteareas

Ao parecer, tamén se lanzaba ao chan diante de coches para poder cobrar indemnizacións

A Policía Local de Ponteareas investiga a un veciño de Vigo por supostamente simular ser atropelado. Ao parecer, lanzábase ao chan diante de coches parados para poder percibir indemnizacións dos seguros dos vehículos. 

Así, axentes da Policía acudiron o pasado 4 de agosto á avenida de Castelao por unha chamada por atropelo pero, logo de entrevistarse coa suposta vítima, observaron "moitas incoherencias no relato dos feitos". 

O peón foi trasladado ao centro médico onde o relato feito ao facultativo do servizo de urxencias tamén foi "contraditorio", polo que foi dado de alta. 

Segundo a Policía Local, posteriormente este peón se "automancou" nunha caída nos arredores do centro de saúde e foi trasladado ao centro hospitalario Povisa. 

A investigación seguiuse coa investigación dos feitos coa declaración de diversas testemuñas e condutores. Así, concluíron que este peón "simulaba" ser atropelado por vehículos parados "póndose diante e tirándose ao chan" supostamente para percibir algún beneficio do seguro do vehículo. 

Os feitos, considerados como un delito de estafa, foron postos a disposición do xulgado de garda de Ponteareas. 
 

Investigan a un vigués por simular que foi atropelado en Ponteareas