O lobo mariño Doqui regresa á ría de Vigo

CEMMA recorda que o comportamente exemplar dos bañistas pasa por deixar ao animal tranquilo
O lobo mariño Doqui. CEMMA
photo_camera O lobo mariño Doqui. CEMMA

Dende hai unha semana o exemplar de lobo mariño cincento -Halichoerus grypus-, coñecido polo nome de Doqui, volve a recorrer as costas da Ría de Vigo. O mamífero leva dende maio do ano pasado viaxando de norte a sur polo litoral galego. 

Trátase dunha femia de aproximadamente dous anos de idade que pesa entre 90-100 kg e ten un tamaño de case dous metros. Habitualmente pasa tempadas en mar aberto sen ser localizada que alterna con visitas á costa onde adoita descansar e durmir nas rochas. 

COMO ACTUAR. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) informa de que ante a presenza de Doqui débese avisar ao 112 ou á Rede de Varamentos (686989008) para que procedan a rexistrar o lugar onde se atopa. 

A ONG recorda que os lobos mariños son agresivos en distancias curtas

A ONG pide prudencia aos bañistas e recorda que o comportamento exemplar pasa por deixar ao animal tranquilo. Segundo advirte, nas pasadas xornadas observou o acoso de bañistas, xente que lle quería dar de comer ou mesmo expulsalo do areal, accións que tacha de "innecesarias e prexudiciais". 

8ef36851-d428-407f-8279-aa98ddac3fd8

Do mesmo xeito, CEMMA recorda que os lobos mariños son agresivos en distancias curtas e que, debido a súa forte dentadura, pode chegar a magoar a todo aquel que o intente tocar. Ademais recomenda non levar cans soltos á praia ou litoral.

Comentarios