Un menor desaparecido é localizado pola Policía tras unha queixa veciñal en Vigo

Un menor desaparecido é localizado pola Policía tras unha queixa veciñal en Vigo

Un menor sobre o que constaba unha denuncia de desaparición foi localizado na tarde do xoves pola Policía Local de Vigo tras intervir a un grupo de mozos por unha queixa veciñal.

Veciños da contorna da praza de Maruja Mallo avisaron á Policía de que un grupo de mozos estaba a causar molestias, polo que os axentes de desprazaron ao lugar e identificaron a todos.

Nese proceso identificativo, os axentes comprobaron que a un deles, un menor de 15 anos de idade, constáballe unha denuncia de desaparición.

Finalmente, conseguiron localizar telefonicamente á nai do menor, que se fixo cargo del.