Morre Abel, fillo de Carmen Avendaño, presidenta de Érguete

Faleceu aos 50 anos tras unha longa enfermidade
Carmen Avendaño. RAFA FARIÑA
photo_camera Carmen Avendaño. RAFA FARIÑA

Abel, un dos cinco fillos de Carmen Avendaño, presidenta da Asociación Érguete, faleceu este xoves aos 50 anos tras unha longa enfermidade, segundo informou este venres a organización nun comunicado no que expresan o seu pesar pola perda.

"Creceu da man da asociación, como cada un dos fillos de Carmen. Perdemos a un compañeiro, un exemplo de superación para nós", di a citada asociación, nacida no ano 1984 como iniciativa dun grupo de familias ás que unía a drogodependencia dalgún dos seus fillos.

Abel foi un dos dous fillos de Carmen Avendaño que enganchouse á heroína na década dos oitenta, cando as drogas fixeron estragos entre a mocidade galega. Tamén no barrio de Lavadores, zona obreira de Vigo, onde vivía Carmen Avendaño coa súa familia e onde a droga arrasou a case toda unha xeración.

Esa foi unha das causas que levou á nai de Abel a encabezar a loita contra o narcotráfico, pondo en risco a súa propia vida, e a fundar en 1984, xunto con outras nove nais afectadas pola mesma situación, a asociación Érguete para a prevención e intervención en condutas adictivas.

Desde entón, Carmen Avendaño non deixou de loitar por unha "sociedade mellor, máis xusta e con máis oportunidades para todos", a través da organización de plans integrais de rehabilitación e reinserción, obxectivo no que tamén estaba involucrado o seu fillo Abel, que traballaba en Cormo Integral, empresa de integración laboral especializada en xardinería. 

Comentarios