Un motorista resulta ferido de gravidade ao sufrir un accidente en Vigo

O suceso tivo lugar na noite deste xoves

Un motorista resultou ferido de consideración tras sufrir un accidente coa moto que conducía pola rúa Fonte Escura de Vigo.

O suceso tivo lugar na noite deste xoves, sobre as 23:15 horas, e foi a propia ambulancia do 061 quen comunicou ao 112 Galicia que unha das súas ambulancias estaba a trasladar ao motorista ferido tras sufrir o accidente.

O 112 Galicia contactou, tras este aviso, coa Policía Local, os Bombeiros da cidade e os efectivos de Protección Civil.